OVAV
   OVAV   

(Vicente P. Couceiro)

A literatura contística galega actual áchase nun gran momento, o que se demostra no prestixio acadado por certos autores e na multitude de traduccións a outros idiomas. Por outra banda, no eido da música vocal, son frecuentes os casos de grupos mixtos que procuran reducir o compoñente social das súas asociacións para favoreceren a posta ao día no aspecto técnico coa creación de escolas de canto e o concurso de mestres para o perfeccionamento estético e estilístico.
Só era cuestión de tempo que xurdise o interese pola complementariedade de ambas as partes para maior estímulo creativo de unha e outra, e aí radica a orixinalidade e a forza de proxecto que se presenta.
Tres excepcionais escritores elaboraron cadanseu relato de nova creación, con inclusión de treitos en versos e seguindo todo o conxunto determinada estrutura formal previamente acordada. Posteriormente, outros tantos compositores de recoñecido talento acometeron a elaboración de partituras para a conversión dos tres relatos en pequenas pezas de "ópera".
As persoasque interviñeron na parte creativa foron os escritores Fina Casalderrey, Xoan Babarro-Ana Fernández e Manuel Lourenzo González, e os compositores Julius Andrejevas, Carlos Cambeiro e Fernando Ruibal, actuando Vicente P. Couceiro como impulsor e director do proxecto.
O traballo posterior consistiu na preparación da obra para a súa presentación en público. O traballo de estudio quedou a cargo do grupo Obradoiro Vocal "A Vila", sen dúbida un dos mellores grupos vocales de Galicia, como o demostra o feito de seren elexidos recentemente para representar a Galicia nun certamen nacional.
O resultado final é un conxunto de tres pezas literario-musicais, de vinte minutos de duración cada unha, para pianista, narrador, coro e solistas. Proxecto que temos o gusto de ofrecer o día 12 de maio, que marca o comezo da Semana das Letras Galegas.
Interesa salientar a importancia dun proxecto destas características, absolutamente novidoso no eido da literatura e a música galegas, que obraría como estímulo para outros auotres e creadores coa esperanza de chegar a consolidar o que sería un novo xénero artístico, soportado fundamentalmente olos recursos da nosa lungua.

 

Máis comentarios en novas

Contacto:

Obradoiro Vocal "A Vila"
Rañe de arriba 13
36863 Ponteareas

Teléfono: 685280425

 

Versión para imprimir | Mapa del sitio
© Obradoiro Vocal A Vila