
ALBERTO ABAL GARCIA
Aficionado a música coral desde a sua infancia, naceu en Vigo e reside en Chapela (Redondela) donde recibiu as primeiras nocións de solféo do seu avó D. JUAN BENIGNO GARCIA BOENTE. Tamén recibiu clases de solféo e piano do mestre D. JESUS YEPES en Vigo.
Cursou estudos de solfeo no Conservatorio Superior de Música de Vigo e posteriormente a especialidadade de Canto con TERESA NOVOA, e de xeito particular recibe clases de canto da soprano MERCEDES DIAZ CHOPITE. Así mesmo realizou cursillos de Técnica Vocal con recoñecidos profesores tales como, MONTSERRAT PUEYO, LOLA BOSON, JULIO FERNÁNDEZ, FERNANDO ELDORO, HELEN LARSSON, JOSÉ A. CAMPOS, DOROTA GRZESKOWIAK, IZASKUN ARRUABARRENA etc. Tamén participou nun curso de interpretación con MIGUEL ZANETTI.
No ano 2003 participou nun proxecto educativo de fomento e divulgación da ópera entre os rapaces basado na realización de “LA CAMBIALE DI MATRIMONIO”de G. ROSSINI interpretando o papel de SLOOK.
Como cantante, no ano 2002 realiza un recital lírico no TEATRO PRINCIPAL de Pontevedra co motivo do DIA DAS LETRAS GALEGAS, realizando o estreo absoluto dunha canción do compositor LUIS CARRO.
No campo da dirección coral, recibiu clases de D. JULIO DOMINGUEZ. Así mesmo realizou cursos de dirección coral cos profesores JAVIER BUSTO, MANEL CABERO, JOHAN DUIJCK, HELEN STUREBORG, MIGUEL AMANTEGUI, ENRIQUE AZURZA, DANTE ANDREO, etc. así como seminarios impartidos por EDUARDO CORREA, ALINA ORRACA e BASILIO ASTÚLEZ.
Traballa conxuntamente con outros músicos acompañantes tales como os pianistas ALEJO AMOEDO, RAMÓN SOUTO...
Actualmente dirixe o Obradorio vocal “A Vila” de Ponteareas e conxuntamente veñen traballando coas orquestas de CÁMARA DE GALICIA (obras de ROXELIO GROBA), CLÁSICA DE VIGO (a zarzuela “El barberillo de Lavapiés” de ASENJO BARBIERI), DIVERTIMENTO de Ponteareas (misa San Joannis de Deo de MICHAEL HAYDN)
Dirixiu as corais “Pedra Blanca” de Cesantes e “Frol Nova” de Chapela e na actualidade dirixe conxuntamente as corais da UVD de Candeán e da Asociación Coral “O Piñeiral” de Chapela, así como a coral Mª Auxiliadora de Vigo e ten participado como cantor en diversos coros de cámara e como director invitado en cursiños de canto coral.
Obradoiro Vocal "A Vila"

