Diseño © Tono Abalde para O.V."A Vila" Diseño © Tono Abalde para O.V."A Vila"

 

 

 


Breve    Historia           

 

 

O grupo vocal Obradoiro Vocal A Vila dirixido por Alberto Abal créase coa intención de potenciar e amosar as diferentes vertientes do canto. Os seus integrantes, trinta voces mixtas, están adicados de xeito activo ó mundo coral, tendo realizados cursos de canto, técnica vocal e dirección coral.

 

Este colectivo amosa unha gran predisposición para colaborar nos diferentes proxectos musicais que se lles ofrecen. Na súa corta existencia (formado no ano 2004) Foi seleccionada entre corais de todo o territorio español, para participar na final do  v certame nacional de corais ANTONIO JOSÉ na cidade de Burgos. No II certame coral Rivasvaciacmadrid, nas dúas edicións do "Enclave coral" organizado pola FECOGA e na final do certame de Villancicos de Molina de Segura  -Murcia- (certame integrado no circuito que da acceso ó Gran Premio Nacional de canto Coral).

 

Durante todo o 2007 colaborou coa orquestra de Cámara de Galicia polos mais prestixiosos auditorios do territorio galego, García Barbón de Vigo, Auditorio de Galicia de Santiago de Compostela, Teatro Principal de Pontevedra, Rosalía de Castro de Coruña, Auditorio Reveriano Soutullo de Ponteareas. Interpretando obras do mestre D. Rogelio Groba. Dita colaboración se prolongará nun próximo proxecto, o  estreo dunha cantata composta por este mismo autor.

 

No ano 2008 o “Obradoiro” estivo de xira por todo Galicia coa Soprano Teresa Novoa e o pianista  Alejo Amoedo, formando parte dos concertos organizados pola Dirección Xeral de desenvolvemento sostible da Consellería de Mediambiente dá Xunta de Galicia.

 

Veñen de colaborar no presente 2009 có conservatorio de Musica Superior de Vigo na montaxe dá Zarzuela "El Barberillo de Lavapiés" o longo de todo o ano ofreceron concertos por todo o territorio galego. O obradoiro atópase neste momento preparando uns arranxos de cantares populares galegos do mestre Roxelio Groba coa intención de editar un cd próximamente.

No 2009 participou no "XXVI CERTAMEN CORAL INTERNACIONAL VILLA DE AVILÉS" obtendo o terceiro premio.

 

No 2010...